Thursday 02 de May de 2024

As Xela Arias decoradas polas crianzas conforman unha nova exposición na casa da cultura pobrense


A casa da cultura Raquel Fernández Soler amosa ó público as siluetas de Xela Arias decoradas polas/os escolares da educación infantil do EEI Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

As pezas están confeccionadas aplicando distintas técnicas plásticas e permanecerán na referida instalación municipal durante o presente mes de xuño.

As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Cómpre indicar que o referido xogo creativo se enmarca na programación deseñada co gallo das Letras Galegas dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e na cal figuraban iniciativas dirixidas ós diferentes graos de ensinanza.